comunicado oficial hor
Celtismo

Comunicado oficial: revenda de entradas e carnés

RC Celta

comunicado oficial hor

O RC Celta quere lembrar a abonados e afeccionados que a revenda de entradas e carnés están completamente prohibidos e que aquelas persoas que tenten acceder ao estadio o vindeiro domingo utilizando algunha destas prácticas poderían ser retidas nas portas de acceso.

Neste sentido, o club aclara que as entradas que se despacharon están asociadas ao  carné do abonado e haberá un dispositivo especial para detectar este tipo de fraudes.

O RC Celta quere ademais destacar que a iniciativa de vender entradas exclusivamente a abonados a prezo reducido só ten un obxectivo: encher por completo de celtistas o estadio de Abanca Balaídos nunha final na que o equipo necesitará máis que nunca o apoio da bancada.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas