20230112_RCCelta_Telefónica_CarlosMouriño_GS360_3
O Club

Telefónica convértese en socio tecnolóxico do RC Celta no proxecto Galicia Sports 360

RC Celta

Telefónica será o socio tecnolóxico preferente do RC Celta no proxecto estratéxico Galicia Sports 360 Factoría do Deporte Galego, co que a entidade deportiva pretende liderar a transformación dixital da industria do deporte en Galicia, unha vez foi cualificado pola Xunta de Galicia como un proxecto de interese autonómico o pasado 10 de novembro.
Como partner dixitalizador do Club no proxecto, a compañía partirá dunha posición privilexiada fronte a outros operadores do sector para cubrir as necesidades tecnolóxicas en infraestruturas, servizos dixitais, equipos ou metodoloxías de innovación coas que se dotará ás instalacións do complexo proxectado -Cidade Deportiva Afouteza, Hub do Deporte Galego, centros de Alto Rendemento e Tecnolóxico da Innovación do Deporte, Centro de Formación (Master posgrao, especialización, Formación Profesional)…- e aos seus profesionais.
O obxectivo do RC Celta é adecuarse aos novos desafíos e formas de entender o deporte que a economía e a sociedade dixital están a impulsar, e que expoñen retos tan importantes como a xestión dos equipos cos clientes dixitais, a dixitalización dos clubs ou o aumento de ingresos a través do Dixital Business, para lograr ser máis competitivos, e por tanto considera que Telefónica é o socio tecnolóxico ideal para acometer este reto. Pola súa banda, Telefónica considera estratéxico este proxecto, e como Compañía afronta con enormes expectativas este principio de colaboración, convencida de que pode achegar todo o seu potencial tecnolóxico e a súa capacidade de innovación para converter a Galicia Sports 360 nun proxecto de referencia no ámbito do sportech.
A alianza ratificouse hoxe durante un encontro celebrado na sede central de Telefónica en Madrid entre a Dirección de Empresas de Telefónica España -Adrián García Nevado, Javier Biscaíño Toscano e Santiago Tripero Oter-, e o presidente de RC Celta, Carlos Mouriño, a CEO de Galicia Sports 360, Marian Mouriño, e Carlos Cao, director da área de Negocio do RC Celta, no que se asinou o acordo marco de colaboración.

Galicia Sports 360 Factoría do Deporte Galego

Galicia Sports 360 é o proxecto máis relevante e ambicioso da historia do RC Celta. Contará cun investimento de ao redor de máis de 120 millóns de euros e unha superficie total de 300.000 metros cadrados en Mos -75.000 de superficie construída entre os que se atopa un Area multiusos de ata 10.000 espectadores ou un Mini Estadio de ata 4.000 espectadores-, que abarcará diferentes liñas de traballo relacionadas co deporte: investigación e saúde, innovación e formación, lecer e multideporte ou fútbol e canteira, entre outras.

Sobre Telefónica

Telefónica é un dos principais provedores de servizos de telecomunicacións do mundo. A compañía ofrece servizos de conectividade fixa e móbil, así como unha ampla gama de servizos dixitais para particulares e empresas. Está presente en Europa e Latinoamérica, onde conta con máis de 384 millóns de clientes.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas