O RC Celta e Torre de Núñez, asinan un acordo de patrocinio polo que a empresa galega de xamóns e embutidos convértese en provedor oficial da entidade celeste. Unha alianza que reforza o compromiso do club coa calidade e a tradición.
A colaboración, que terá unha duración inicial ata xuño de 2026, posiciona a Torre de Núñez como un socio estratéxico na promoción de hábitos alimenticios saudables e na difusión dos valores de calidade e excelencia promovidos polo club. Entre as principais accións desta alianza atópase a mellora da oferta gastronómica nas cantinas de Abanca Balaídos e nas zonas VIP e Hospitality do estadio, onde os afeccionados poderán gozar dos seus produtos durante os partidos. Así mesmo, levarán a cabo diversas activacións de marca e sorteos de produto ao longo da tempada.
Torre de Núñez ten a súa orixe en Lugo e conta cunha experiencia de máis de 50 anos no sector onde a súa historia e tradición convértenos nunha aposta de calidade segura.
O RC Celta quere mostrar a súa satisfacción de poder pechar esta alianza cunha marca galega, coa cal comparte a súa filosofía de arraigamento polas raíces, e subliña a importancia de crear sinerxias con empresas locais líderes nos seus sectores.