aficion
Celtismo

Un partido para a historia: información de acceso e retirada de entradas para o Celta Fortuna–SD Ponferradina

RC Celta

Abanca Balaídos acollerá esta fin de semana o encontro decisivo entre o Celta Fortuna e a SD Ponferradina, unha cita histórica na que ambos os equipos disputaranse o ascenso a Segunda División. Tras o partido de ida disputado no Toralín, a eliminatoria resolverase en Vigo ante miles de afeccionados de ambos os clubs, nun ambiente no que a paixón polo fútbol e o respecto entre afeccións deberán volver ser os protagonistas.

Co obxectivo de garantir a operativa seguridade e o correcto desenvolvemento do encontro, o Celta informa a todos os celtistas das condicións de acceso ao estadio e do procedemento obrigatorio para obter unha entrada.

Troco obrigatorio de entrada gratuíta para todos os carnés celtistas (abonados e non abonados da tempada 25/26)

Para acceder ao encontro será imprescindible dispoñer dunha entrada nominativa. Os carnés do Celta, en calquera das súas modalidades —Abonado, As Celtas, Fundación ou Miudiño—, NON serán válidos e NON permitirán o acceso ao estadio.

Os afeccionados con carné celtista da tempada 25/26, deberán obter unha entrada gratuíta para acceder ao estadio e ata completar a capacidade dispoñible.

Para realizar o troco será necesario identificarse co id de socio (impreso no carné) e o PIN correspondente (os catro últimos díxitos do DNI no caso dos menores de idade pode ser 1111).

Como trocar a túa entrada?

1. Accede a esta ligazón ou a través do portal de venda de entradas (non portal celtista), ata o vindeiro xoves 18 de xuño ás 12h.

2. Selecciona unha localidade libre

Escolle a bancada e o asento que prefiras entre os dispoñibles.

⚠ Lembra que:

• Se es abonado non se che asigna por defecto a túa localidade, debes seleccionar unha que quede dispoñible.

• A túa localidade de tempada pode non estar dispoñible para este encontro.

3. Identifica os teus carnés (máximo 6) que queirades ir xuntos

Feixe clic na opción «Tes algunha promoción?».

Introduce:

• ID de socio

• PIN (os 4 últimos díxitos do DNI)

A continuación, pulsa «Aplicar».

Se desexas obter varias entradas, deberás introducir un ID e PIN diferente por cada localidade seleccionada pero na mesma operación.

Unha vez validados os datos, marca os carnés que desexas vincular as localidades seleccionadas e pulsa «Continuar».

4. Completa os datos dos asistentes

Todas as entradas son nominativas.

Antes de finalizar o proceso deberás completar os datos privados correspondentes a cada entrada.

5. Recibe as túas entradas

As entradas enviaranse ao correo electrónico indicado durante o proceso de reserva.

6. Accede ao estadio

O día do partido poderás acceder:

• Coa entrada dixital recibida por correo.

• Mediante tecnoloxía NFC desde o teu teléfono móbil, opción recomendada para axilizar os accesos.

Lembra que será obrigatorio ocupar a localidade seleccionada durante o proceso de troco.

Acceso ao estadio

Ao tratarse dun encontro catalogado como partido de alto risco, recoméndase a todos os asistentes acudir con suficiente antelación. As portas de Abanca Balaídos abrirán 1 hora e 15 minutos antes do inicio do partido para facilitar unha entrada graduada e evitar aglomeracións nos accesos.

Carné Celtista 2025/26 e uso responsable de invitacións

Por motivos de seguridade, e ao tratarse dun partido correspondente á tempada 2025/26, unicamente poderán participar neste proceso os titulares dun Carné Celtista da tempada 2025/26, independentemente da súa modalidade. As novas altas correspondentes á tempada 2026/27 non terán acceso a este procedemento.

Por motivos operativos e de seguridade, non se poñerán entradas á venda para este encontro.

Para rematar, solicitamos a todos os socios do club que fagan un uso responsable destas entradas en dous sentidos; en primeiro lugar, que só se troque no caso de que realmente vaian ser utilizadas.

En segundo lugar, estas entradas non poderán ser utilizadas en ningún caso por afeccionados visitantes, aos cales se lles habilitou unha zona de entradas para o equipo rival.

O club resérvase o dereito de denegar o acceso e/o tomar outra serie de medidas en consecuencia con aqueles socios que non fagan un uso responsable das entradas gratuítas.

Xuntos viviremos un partido que pasará á historia. Vémonos este sábado, afección!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas