Betis
Primeiro Equipo

A pegada do Betis pode co RC Celta (2-1)

RC Celta

O RC Celta perdeu ante o Betis (2-1) no último partido da primeira volta. Santi Mina adiantou aos nosos tras un saque de esquina e Canales deulle a volta ao marcador.

O partido comezou con dominio celeste, que acumulou ocasións nos pés de Santi Mina, Nolito e Emre Mor. A insistencia trouxo premio e Santi Mina adiantou ao equipo vigués nunha xogada ensaiada. Non durou moito a alegría, xa que Canales daríalle a volta ao marcador antes do descanso con dous disparos desde dentro da área.

Na segunda metade o conxunto adestrado por Eduardo Coudet saíu en busca do empate e fíxose co control do balón, aínda que lle custou chegar á portaría contraria.

 

FICHA TÉCNICA

2 – R. Betis: Joel, Emerson, Mandi, Ruiz, Miranda, Guido (Guardado, min 67), Canales, Fekir, Ruibal (Rodri, min 30), Lainez (Moreno, min 81), Loren (B. Iglesias, min 81)

1 – RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Araujo, Murillo (Aidoo, min 55), Aáron Martín, Tapia, Denis, Brais Méndez, Nolito (Beltrán, min 70), Emre Mor (Baeza, min 70), Santi Mina

Goles: 0-1 Santi Mina, min 15; 1-1 Canales, min 24; Canales 2-1, min 45;

Árbito: Martínez Munuera. Amoestou a Ruiz, Joel (R. Betis) e a Aarón, Denis, Tapia (RC Celta)

Campo: Benito Villamarín

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas