iago aspas celta betis 220521
Primeiro Equipo

Ao RC Celta escápalle a vitoria nun final de tempada sobresaliente e en comunión coa afección (2-3)

RC Celta

O RC Celta rozou o broche de ouro a unha segunda volta de ilusión. Os celestes asinaron un bo partido ante o Real Betis, ante o que chegaron a manter unha superioridade de 2-0 grazas aos goles de Iago Aspas, de penalti, e de Brais Méndez. O Betis, que se xogaba entrar en competición europea, soubo reaccionar aos golpes celestes e remontou o resultado por medio de Borja Iglesias, Fekir e Víctor Ruiz.

A derrota non embazou o regreso da afección celeste a Abanca Balaídos. Con aforamento limitado, pero coa mesma forza de sempre, o celtismo empuxou ao seu equipo de principio a fin e despediuno cunha merecida e gran ovación. Ademais do regreso de parte do celtismo ao seu fogar, o seu estadio, a outra nota positiva foi a confirmación de Iago Aspas como máximo asistente de LaLiga 2020/21. O de Moaña serviu o gol a Brais Méndez para subir a súa conta persoal de asistencias a trece. Unha nova campaña espectacular do dianteiro celeste.

 

FICHA TÉCNICA

2 – RC CELTA: Iván Villar, Kevin, Araújo, Carlos Domínguez, Aarón Martín, Beltrán, Brais Méndez, Denis Suárez, Nolito (Solari, min.57), Iago Aspas, Santi Mina.

3 – REAL BETIS: Bravo, Emerson, Bartra, Víctor Ruiz, Miranda (Moreno, min.46), Guido, Guardado (Carvalho, min.54), Aitor Ruibal (Tello, min.46), Rodri (Láinez, min.57), Fekir, Borja Iglesias (Loren, min.81).

Goles: Iago Aspas (1-0, min. 31); Brais Méndez (2-0, min.49); Borja Iglesias (2-1, de penalti, min.52); Fekir (2-2, min.68); Víctor Ruiz (2-3, min. 73).

Árbitro: Gil Manzano, do comité extremeño. Amonestou a Denis, Carlos Domínguez, Iago Aspas e expulsou ao adestrador Eduardo Coudet no Celta. Amonestou a Láinez e expulsou a Tello con dobre amarela no Betis.

Campo: Abanca Balaídos.

Observaciones: primeiro partido con espectadores na bancada desde o inicio da pandemia.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas