ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

O plantel do RC Celta regresará ao traballo en Afouteza o día 5 de xullo

RC Celta

O RC Celta puxo fin o 22 de maio a unha tempada de comezo amargo e doce desenlace. Foi o oitavo clasificado escalando desde o máis profundo e autor dun despregue futbolístico que causou admiración. Uns corenta días despois, o equipo de Eduardo Coudet dará comezo na súa cidade deportiva á pretempada. Os xogadores celestes arrincarán a preparación para a campaña 2021/2022 o día cinco de xullo na Cidade Deportiva Afouteza.

Os primeiros días, os celestes compaxinarán probas médicas con adestramentos nunha pretempada que concluirá a mediados de agosto para dar paso a unha competición que os célticos afrontan cunha gran ilusión tralo extraordinario rendemento ofrecido na segunda fase da campaña anterior.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas