equipo
Primeiro Equipo

Bo partido sen premio para o RC Celta (4-2)

RC Celta

O RC Celta perdeu ante o Sevilla (4-2) nun partido no que os futbolistas de Eduardo Coudet asinaron unha boa actuación e no que pagaron a puntaría do conxunto andaluz.

Na primeira metade reinou o caos. O equipo local saíu como un furacán e adiantouse pronto no marcador tras un saque de esquina. O conxunto celeste non tardou en pór a igualada no marcador por medio de Iago Aspas e a partir de aí fíxose dono do encontro. Nolito pasada a media hora puxo en vantaxe ao club vigués pero En-Nesiry empatou na última xogada do primeiro tempo.

Na segunda metade baixou o ritmo pero non a intensidade. Ambos os equipos lanzáronse á área rival pero foi o RC Celta o que gozou das mellores ocasións e só a mala fortuna impediu que os futbolistas celestes anotasen o terceiro gol. Se o atopou o Sevilla, que levou a vitoria grazas a dous disparos que rebotaron nos xogadores do Celta.

 

FICHA TÉCNICA

4 – Sevilla: Vaclík, Navas, Kounde, Diego Carlos, Acuña (Escuero, min 32), Fernando, Jordan (Óscar, min 80), Óliver (Munir, min 67), Rakitic, Ocampos (Idrissi, min 80), En-Nesyri (De Jong, min 67)

2 – RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo, Aidoo (Araujo, min 41), Murillo, Olaza, Tapia (Miguel, min 87), Brais, Denis Suárez, Nolito (Okay, min 67), Aspas y Santi Mina

Goles: 1-0 Kounde, min 5; 1-1 Aspas, min 10; 1-2 Nolito, min 36; 2-2 En-Nesyri, min 46; 3-2 Escudero, min 85; 4-2 Munir, min 87;

Árbitro: Soto Grado (Toledo). Amoestou a Navas, Escudero (Sevilla) e a Denis, Hugo Mallo (RC Celta)

Campo: Sánchez Pizjuán

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas