ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

Brais Méndez e o celtismo lideran a un ilusionante RC Celta ante o Rayo (2-0)

RC Celta

O celtismo gozou este sábado dun ilusionante triunfo do seu equipo ante o Rayo Vallecano. A escuadra celeste tivo o empuxe constante dunhas bancadas de Abanca Balaídos que ofreceron a segunda mellor entrada da tempada. Foi unha das claves do partido, pero tamén un fantástico equilibrio entre defensa e ataque de todo o equipo de Coudet, aínda que hai que destacar un nome propio.

Brais Méndez brillou. O canteirán celeste ofreceu unha exhibición da maxia e calidade que atesouran as súas botas, unha actuación coa que chama ás portas da Selección Española. O mosense abriu o marcador no minuto once e foi o encargado de pechar o resultado co 2-0 definitivo, a dez minutos do final, cun remate executado con precisión e mestría.

O RC Celta continúa crecendo en casa, xunto á súa afección, e comeza a ofrecer razóns de peso para crer e mirar cara arriba na táboa.

 

FICHA TÉCNICA

2 – RC CELTA: Dituro, Hugo Mallo, Aidoo, Carlos Domínguez, Javi Galán, Fran Beltrán (Galhardo, min.88), Brais Méndez, Denis Suárez (Araújo, min.91), Cervi (Solari, min.88), Iago Aspas (Nolito, min.88), Santi Mina (Tapia, min.82).

0 – RAYO: Dimitrievski, Catena, Saveljich, Rodrigues, Balliu, Comesaña, Ciss (Issi, min.65), Unai López (Trejo, min.13), Álvaro García, Mamadou Sylla (Óscar Valentín, min.65), Nteka (Falcao, min.65).

Goles: Brais Méndez (1-0, min.11), Brais Méndez (2-0, min.80).

Árbitro: Munuera Montero, do comité andaluz. Amonestou a Ciss (Rayo).

Campo: Abanca Balaídos (12.546 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas