6098243993ad9887146959
Primeiro Equipo

Carlos Domínguez debuta co RC Celta en LaLiga

RC Celta

O xoven canteirán Carlos Domínguez debutou este domingo co RC Celta en Primeira División. O central celeste foi titular na Cerámica ante o Villarreal e converteuse no sexto canteirán do RC Celta que debuta en LaLiga na presente tempada tras Gabri Veiga, José Fontán, Miguel Rodríguez, Sergio Carreira e Lautaro.

A presenza de Carlos Domínguez no XI de Eduardo Coudet non fai máis que referendar o traballo que tanto o club como a Fundación pon no coidado da súa canteira, unha dos principais acenos de identidade do RC Celta.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas