60981206a6df3210305874
Primeiro Equipo

O RC Celta firma un partidazo en Vilarreal e permítese soñar (2-4)

RC Celta

O RC Celta conseguiu este domingo unha contundente vitoria a domicilio ante o Vilarreal (2-4). Os de Coudet foron superiores durante os 90 minutos e aínda ven posible alcanzar os postos europeos.

Comezou mandando o RC Celta, ben plantado en defensa e coas ideas claras cando tiña o balón. Froito do seu bo inicio chegaron dúas boas ocasións de Brais Méndez e Nolito que a punto estiveron de adiantar aos vigueses antes do primeiro cuarto de hora.

O Vilarreal dispuxo dunha chegada inmellorable por parte de Fer Niño pero Iván Villar realizou unha parada maxistral e mantivo a cero a portaría celeste. Esa ocasión foi un espellismo xa que de novo avisou o conxunto de Coudet e Santi Mina adiantou aos visitantes tras rematar de cabeza un gran centro de Aarón. Durou pouco a alegría xa que Moi Gómez puxo o empate tras unha xogada individual de Rubén Peña.

Pasada a media hora, e nunha xogada que parecía que non ía a entrañar perigo, Asenjo golpeou a Hugo Mallo dentro da área e o árbitro sinalou un penalti que transformou Santi Mina para volver pór en vantaxe aos celestes.

Antes do descanso e tras uns minutos de auténtica tolemia, con especial protagonismo do VAR, Brais Méndez anotou o terceiro gol do RC Celta tamén desde o punto de penalti nunha clara infracción de Capoué.

A vantaxe non cambiou a idea de partido que tiña o equipo de Coudet, que seguiu buscando a portaría rival. Unha gran xogada entre Nolito, Denis e Aarón permitiu a Solari anotar por segunda xornada consecutiva e subir o cuarto gol ao marcador no min 56.

Con este resultado, o encontro baixou varias velocidades no tramo final e os dous equipos dispuxeron de menos llagadas. Case sobre a bucina, Gerard Moreno anotou o segundo gol amarelo desde o punto de penalti.

 

FICHA TÉCNICA

2 – Villarreal: Asenjo, Albiol, Funes Mori, Estupiñán (Alberto Moreno, min 46), Peña, Parejo (Raba, min 66), Trigueros, Moi Gómez (Gerard, min 53), Capoue (Coquelin, min 53), Yeremy, Fer Niño (Alcácer, min 66)

4 – RC Celta: Iván Villar, Hugo Mallo (Kevin, min 67), Araújo, Carlos Domínguez, Aarón, Fran Beltrán, Denis Suárez, Nolito (Holsgrove, min 77), Solari (Aidoo, min 67), Brais Méndez, Santi Mina (Facundo, min 77)

Goles: 0-1 Mina, min 20; 1-1 Moi, min 25; 1-2 Santi Mina, min 32; 1-3 Brais, min 47; 1-4 Solari, min 56; 2-4 Gerard, min 86;

Árbitro: Medié Jiménez (catalán). Amoestou a Estupiñán, Asenjo (Villarreal) e a Araújo, Ferreyra (dobre amarela) (RC Celta)

Campo: La Cerámica

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas