O RC Celta caeu derrotado en Abanca Balaídos por 1-2 ante o Valencia CF no partido correspondente á décimo sexta xornada de LaLiga. Os de Eduardo Coudet adiantáronse no marcador, pero o conxunto ché deu a volta ao marcador para acabar cun refacho celeste de catro partidos invicto.
A superioridade local dos primeiros minutos de xogo traduciuse no gol de Iago Aspas que, aproveitando un fallo de Alderete, sacaba a varita para regatear nunha baldosa e poñer o 1-0 con perna dereita. Un tanto agridoce para os intereses célticos, pois o canteirán celeste tíñase que retirar do terreo de xogo instantes despois por molestias musculares.
Sen tempo para dixerir ambas as noticias, o Valencia igualaba a contenda cun gol de Hugo Duro; unha primeira metade na que o RC Celta buscou volver adiantarse no marcador por medio de Araújo e Brais, pero as ocasións non chegarían a bo porto.
Tras a continuación, Santi Mina gozaba dun disparo que se ía excesivamente alto e, despois dun aviso de Hélder Costa, o excéltico Maxi Gómez facía o 1-2 tras un centro de Gayà. A reacción dos célticos non tardou en chegar, primeiro cun croque de Santi Mina que detivo Cillessen, e posteriormente cun espectacular remate de chilena de Brais Méndez. A pesar dos celestes, esporeados pola afección desde as bancadas, o Valencia conseguiu manter finalmente a súa vantaxe para levar os tres puntos de Abanca Balaídos.
O RC Celta pecha a décimo sexta xornada situándose na décimo cuarta posición de LaLiga con 16 puntos. Os celestes mediranse ao RCD Mallorca o vindeiro venres 10 de decembro no Visit Mallorca Estadi ás 21:00 no encontro que abrirá a décimo séptima xornada.
FICHA TÉCNICA
1 – RC CELTA: Dituro; Kevin, Aidoo, Araújo (Murillo, min. 74), Javi Galán; Fran Beltrán (Solari, min. 58), Brais Méndez, Denis Suárez, Cervi (Nolito, min. 58); Iago Aspas (Renato Tapia, min. 16), Santi Mina.
2 – VALENCIA CF: Cillessen; Piccini (Lato, min. 73), Guillamón, Alderete, Gayà; Hélder Costa (Musah, min. 83), Carlos Soler, Daniel Wass, Koba (Račić, min. 52), Hugo Duro (Guedes, min. 83); Maxi Gómez (Marcos André, min. 83).
Goles: Iago Aspas (1-0, min. 10); Hugo Duro (1-1, min. 19); Maxi Gómez (1-2, min. 53).
Árbitro: De Burgos Bengoetxea, do colexio vasco. Amonestou a Fran Beltrán, Iago Aspas e Nolito, del RC Celta, e a Maxi Gómez e Gayà, do Valencia CF.
Campo: Abanca Balaídos (11.361 espectadores).