20240717_CarlosDominguez, DamianRodriguez, HugoAlvarez, PabloDuran-19
Novas primeiro equipo

Damián, Pablo Durán, Hugo Álvarez e Carlos Domínguez únense ao plantel do primeiro equipo

RC Celta

Fai apenas catro días, Óscar Marcos, Ángel Arcos, Hugo Burcio e Pablo Gavián deixaron o Xuvenil para unirse ao plantel do Celta Fortuna, rebosante de xogadores da canteira. Hoxe, Damián, Hugo Álvarez, Pablo Durán e Carlos Domínguez intégranse no plantel de Primeira División que dirixe Claudio Giráldez.

A aposta do RC Celta por potenciar a súa canteira, por maximizar os procesos de formación, toma corpo e queda patente coa promoción destes oito xogadores.

O plantel celeste contará desta maneira coas calidades e o talento destes catro novos futbolistas galegos, de Ponteareas, Ourense, Vigo e Tomiño, que co seu esforzo e calidade percorreron o mesmo camiño que con anterioridade emprenderon  Iván Villar, Kevin e Iago Aspas.

A etapa dos catro futbolistas na canteira celeste chega por tanto ao seu fin nesta pretemporada que o equipo celeste iniciou hai pouco máis dunha semana coa mirada posta no debut ligueiro en Abanca Balaídos ante o Deportivo Alavés.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas