gabri-veiga-celta-valencia-190920
Primeiro Equipo

Día inesquecible para Gabri Veiga: o canteirán debuta en Primeira con vitoria ante o Valencia

RC Celta

Número redondo para un día inesquecible. O canteirán Gabri Veiga converteuse fai unhas horas no xogador número 500 do RC Celta en debutar en Primeira División. E non foi unha aparición anecdótica ou carente de contido. Entrou no tramo decisivo dun partido aberto, con resultado axustado e ante un rival de gran nivel, o Valencia CF.

O extraordinario traballo do RC Celta na canteira vese recompensado con momentos como este, o debut co primeiro equipo dun xogador en idade xuvenil -cumpriu 18 anos fai uns meses- e a presenza de 10 canteiráns na convocatoria do partido.

Para Gabri Veiga será un día inesquecible, como tamén para a afección celeste, que nese tramo decisivo do primeiro encontro da tempada en Abanca Balaídos comprobou a calidade, a personalidade e o desparpajo deste novo futbolista de O Porriño que debutou co filial a pasada campaña, aínda con 17 anos, e xa foi internacional coa Selección Española Sub-18.

O canteirán situouse ademais entre os dez xogadores máis novos da historia celeste en debutar en Primeira División. A canteira celeste, aceno de identidade do club, continúa sendo fonte de orgullo para o RC Celta e para o celtismo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas