Nas últimas horas, o xogador do RC Celta, Carlos Dotor, foi sometido a unha intervención cirúrxica co obxectivo de abordar os persistentes problemas de pubalxia que viña enfrontando. A operación foi levada a cabo polo Dr. Juan Cota, xefe dos servizos médicos do club, e o Dr. Alberto López, un recoñecido especialista en cirurxía xeral. O procedemento levouse a cabo sen complicacións e é de esperar que en poucos días o xogador inicie o proceso de recuperación. O tempo estimado de baixa de Dotor é de entre 4 e 6 semanas.
O RC Celta quere enviar unha mensaxe de alento ao 6 celeste, confiando plenamente en que regresará pronto ao campo. Forza, Carlos!