O porteiro internacional arxentino Agustín Marchesín únese ao RC Celta para as próximas tempadas unha vez pechado o acordo co FC Porto para o traspaso do gardameta, que achegará experiencia e seguridade á portería celeste.
Marchesín, de 34 anos e 1,88 metros de altura, acumula corenta convocatorias coa Selección Arxentina e máis de 525 partidos nas ligas arxentina, mexicana e portuguesa. No Porto, club de procedencia, disputou 94 partidos e en practicamente a metade acabou imbatido.
Debutou como profesional en Lanús, desde onde, debdo ao seu gran rendemento, partiu cara á liga mexicana. Nesta competición xogou en Santos Laguna e América, desde onde foi traspasado ao Porto no verán de 2019. Marchesín chega ao RC Celta avalado pola súa ampla experiencia e un bo número de títulos: Copa América, dúas Ligas de Portugal, outras tantas de México, unha Copa Suramericana e a Súper Copa lusa obtida a pasada fin de semana, entre outros.