20230111_GabriVeiga24_3
Primeiro Equipo

Gabri Veiga pasa a ser oficialmente xogador do primeiro equipo do RC Celta

RC Celta

Gabri Veiga ascendeu de forma oficial ao primeiro equipo do RC Celta. O medio porriñés, de 20 anos, pasará a lucir o dorsal 24 na camiseta celeste. Esta tempada xa acumula 719 minutos en LaLiga con catro goles e unha asistencia. Tras unha traxectoria brillante no RC Celta B, Veiga dá o salto definitivo á elite profesional. Este magnífico rendemento levoulle tamén a debutar recentemente coa Selección Española sub-21.
Gabri debutou co primeiro equipo o 19 de setembro de 2020 nunha vitoria por 2-1 fronte ao Valencia CF. O medio substituíu a Renato Tapia. Posteriormente o 1 de outubro de 2020 sería titular por primeira vez nun partido ante o FC Barcelona.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas