BANNER WEB 1300X400
Primeiro Equipo

Hugo Mallo fai historia: 100 vitorias no RC Celta en LaLiga

RC Celta

O partido do RC Celta contra o Elche CF non só foi un triunfo especial para o equipo, que comeza así o seu centenario cunha vitoria importante, senón que tamén foi un día especial para o seu capitán, Hugo Mallo. Neste partido, o canteirán celeste conseguiu a súa vitoria número cen en Primeira División.

Desta forma, Mallo lidera un selecto grupo de xogadores do Celta con máis vitorias na máxima categoría do fútbol español, seguido de Iago Aspas (94), Aleksandr Mostovoi (94), Gustavo López (82), Hermidita (82) e Fernando Cáceres (80). Orgullo de capitán! Orgullo de canteira!

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas