javi
Novas primeiro equipo

Javi Rodríguez dá o salto definitivo ao primeiro equipo

RC Celta

Javi Rodríguez xa é, para todos os efectos, xogador do primeiro equipo do Celta. O mozo canteirán contará con ficha do primeiro persoal e lucirá de xeito provisional o dorsal 20 durante esta pretemporada.

Desde a súa chegada á Madroa sendo apenas un neno, Javi foi crecendo paso a paso ata completar toda a súa formación en A Canteira e facerse un oco no primeiro equipo. Debutou coa camiseta celeste na tempada 2024/25 e, desde entón, non deixou de dar pasos adiante. A pasada campaña consolidouse como unha peza clave na liña defensiva celeste, converténdose no segundo xogador de campo con máis minutos disputados, só por detrás de Marcos Alonso, nun curso no que o Celta volveu clasificarse para a UEFA Europa League por segunda vez consecutiva.

Un rendemento e unha evolución que atopou un recoñecemento moi especial ao debutar coa selección española absoluta o pasado mes de xuño nun dos partidos preparatorios do Mundial 2026.

Con este paso, o Celta volve poñer en valor a súa aposta polo talento Feito na Madroa, cun xogador que representa á perfección o traballo, o compromiso e a identidade da Canteira.

Parabéns, Javi!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas