KEVINHDEZ-WEB-1.jpg
Novas primeiro equipo

Kevin e Juan Hernández terán ficha de primeiro equipo a próxima tempada

RC Celta

Dous xogadores de gran peso no filial, o capitán Kevin e o atacante Juan Hernández, dispoñerán de ficha no primeiro equipo a próxima tempada, un premio á súa traxectoria nas últimas campañas e un gran aliciente para os canteiráns do RC Celta.

Kevin, lateral dereito, e Juan, quen se desenvuelve nas tres posicións de ataque, realizarán a pretemporada co primeiro equipo ás ordes de Antonio Mohamed, xa como integrantes do primeiro plantel.

Este paso, máis que merecido, supón un gran aliciente para os xogadores da canteira celeste, que cada tempada comproban que as portas do primeiro equipo están sempre abertas para recompensar o traballo, o compromiso e o esforzo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas