O RC Celta caeu ante o Lille OSC (3-1) no que é a primeira derrota dos de Claudio Giráldez nesta pretemporada 24/25. Un partido ante un equipo de máximo nivel que, a pesar do resultado, terminou sendo moi igualado e sen demasiadas ocasións para ambos os conxuntos.
Durante a primeira metade, os franceses adiantáronse no marcador cos goles de Haraldsson, Gudmundsson e Bayo. O tanto dos celestes marcaríao Tasos Douvikas, no minuto 38, tras o pase de Jonathan Bamba. O grego, que continúa fiel á súa puntería, anotou o seu sexto gol no que vai de pretemporada.
O máis destacado do partido foi a estrea de Borja Iglesias coa camiseta celeste. O de Santiago de Compostela saltaba ao campo os últimos 20 minutos deixando boas sensacións e unha das poucas ocasións que houbo na segunda parte. Positivo tamén o regreso de Joseph Aidoo que, por segundo encontro consecutivo, volveu contar con minutos, o que demostra a súa progresiva recuperación.
Un partido, con altos e baixos, que lle servirá agora a Claudio Giráldez para seguir analizando ao equipo e afinando a súa forma física e táctica de fronte ao novo curso 24/25.
FICHA TÉCNICA:
3 – Lille OSC: Chevalier, Meunier, Alexsandro, Diakité, Gudmundsson, A. Gomes, B. André, Santos, Cabella, Haraldsson e Bayo.
1 – RC Celta: Iván Villar, Sergio Carreira, Starfelt, Unai Núñez, Óscar Mingueza, Fran Beltrán, Hugo Álvarez, Manquillo, Douvikas, Iago Aspas e Jonathan Bamba. Tamén xogaron Cervi, Alfon, Borja Iglesias, Williot Swedberg, Javi Rodríguez, Jailson, Hugo Sotelo, Mihailo Ristic e Joseph Aidoo.
Goles: 1-0, min. 20′ Haraldsson; 2-0, min. 23′ Gudmundsson; 3-0, min. 33′ Bayo; 3-1, min. 38′ Douvikas.
Incidencias: Quinto partido amigable da pretemporada 24/25 que se levou a cabo no estadio de Hainaut, na localidade de Valenciennes (Francia).