
O Celta e Marcos Alonso seguirán camiñando xuntos. O defensa madrileño continuará vinculado ao conxunto celeste dúas tempadas máis, achegando a súa experiencia, liderado e experiencia a un equipo que volverá competir na UEFA Europa League por segunda campaña consecutiva.
Desde a súa chegada a Vigo, Marcos Alonso converteuse nunha peza clave dentro do esquema de Claudio Giráldez. A súa polivalencia, gran golpeo de balón e capacidade para competir ao máximo nivel permitíronlle asumir un papel protagonista na zaga celeste, sendo un referente tanto dentro como fóra do terreo de xogo.
Nas dúas campañas que acumula no Celta, Marcos suma xa 76 partidos oficiais e cinco goles. Ademais, a pasada tempada, foi o xogador de campo con maior participación do plantel, con 3.759 minutos repartidos en 43 encontros oficiais, uns rexistros que reflicten a confianza depositada nun futbolista que responde sempre con personalidade e un gran rendemento.
Cunha traxectoria extraordinaria e totalmente comprometido cos valores celestes, Marcos Alonso afronta agora unha nova etapa coa ilusión de seguir facendo gozar ao celtismo nunha tempada que acaba de arrincar e que xa promete grandes emocións.
Parabéns, Marcos!