RC Celta e Brentford FC chegaron a un acordo para o traspaso dos dereitos federativos do centrocampista Mathias Jensen. O conxunto celeste resérvase unha porcentaxe dunha futura venda.
O RC Celta quere expresarlle a Jensen o seu sincero agradecemento polo esforzo e compromiso mostrados durante a súa tempada no club e desexarlle un gran éxito no futuro.