O RC Celta chegou a un acordo co Club América de México para o traspaso do defensa central Néstor Araujo. O defensor mexicano, que chegou a Vigo na tempada 2018/2019, disputou un total de 136 partidos como xogador do RC Celta, anotando catro goles e converténdose, neste tempo, nun fixo na súa selección nacional.
O RC Celta quere agradecerlle a súa profesionalidade, entrega e compromiso durante estes anos e desexarlle moita sorte e éxito na súa nova etapa profesional e persoal.