
O Celta pon en marcha a pretemporada 2026/27 co inicio dos recoñecementos médicos que se levarán a cabo na Clínica Celta de A Sede entre os días 7 e 9 de xullo. Unha vez completadas estas probas, o equipo realizará o seu primeiro adestramento o venres 10 de xullo, a partir das 10.30 horas, na Cidade Deportiva Afouteza.
Os futbolistas citados para o arranque da pretemporada son: Hugo Sotelo, Iván Villar, Sergio Carreira, Pablo Durán, Iago Aspas, Hugo Álvarez, Yoel Lago, Miguel Román, Álvaro Núñez, Manu Fernández, Carlos Domínguez, Williot Swedberg, Ilaix Moriba, Javi Rueda, Ferran Jutglà, Matías Vecino e Andrei Radu.
Os xogadores que finalizaron máis recentemente os seus compromisos internacionais incorporaranse ao traballo de forma gradual. Javi Rodríguez e Jones El-Abdellaoui uniranse ao grupo o vindeiro luns, mentres que Carl Starfelt e Borja Iglesias, este último aínda en competición, farano nas próximas semanas.
Tamén se incorporarán á dinámica do equipo as novas fichaxes, Aleix Febas e Javi Galán, alén dos futbolistas que regresan tras a súa cesión: Unai Núñez, Carles Pérez e Manu Sánchez.
Co comezo dos adestramentos arrinca unha nova tempada para o conxunto celeste, que xa ten confirmados varios compromisos de preparación. O primeiro amigable será o 18 de xullo fronte ao SC Braga, no Estadio Municipal de Braga. Posteriormente, o Celta medirase ao Sporting de Xixón o 25 de xullo na Lomba (Vilagarcía de Arousa) e, o 5 de agosto visitará ao US Sassuolo no Ricci Stadium (Italia).