Primeiro Equipo

O Celta inicia a xira británica

RC Celta

uktour-web.jpg

O equipo viaxa este xoves a Inglaterra con 24 futbolistas, entre eles 7 xogadores do filial

 

O primeiro equipo desprázase este xoves ao Reino Unido para iniciar unha xira de partidos na que se medirán ao Norwich City, Wolverhampton, Burnley e Everton. O adestrador celeste, Eduardo Berizzo, convocou a 24 futbolistas para participar nesta fase da pretempada, entre eles os canteiráns Óscar Santiago, Goldar, Samu, Borja Fernández, Jordan, Yelko Pino e Fernán.

 

A lista completa fórmana Sergio, Rubén Blanco, Óscar Santiago, Hugo Mallo, Goldar, Cabral, David Costas, Fontàs, Sergi Gómez, Jonny, Planas, Samu, Borja Fernández, Krohn-Dehli, Álex López, Madinda, Jordan, Yelko Pino, Nolito, Fernán, Orellana, Santi Mina, Larrivey e Charles.

 

Borja Oubiña, Jota e Pablo Hernández quédanse en Vigo para traballar na recuperación das súas lesións. O mundialista Augusto incorporarase tras a xira.

 

1 de agosto: Norwich City-RC Celta (19:45 hora local, Carrow Road Stadium, Norwich).

2 de agosto: Wolverhampton-RC Celta (15:00 hora local, Molineux Stadium, Wolverhampton).

5 de agosto: Burnley FC-RC Celta (19:30 hora local, Turf Moor Stadium, Burnley).

6 de agosto: Everton FC-RC Celta (19:45 hora local, Prenton Park, Merseyside).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas