O centrocampista do RC Celta Renato Tapia sofre unha rotura fibrilar de grado I no bíceps femoral da súa perna dereita, segundo desvelan as probas realizadas polos servizos médicos do club.
O medio centro peruano sufriu esta lesión o pasado día 8 cando se atopaba concentrado coa selección do seu país, que un día despois liberouno dos compromisos internacionais para os que fora convocado. O tempo de baixa estipulado por mor desta dolencia é de aproximadamente 3 semanas desde a mencionada data.