WhatsApp Image 2026-05-19 at 16.56.35
Novas primeiro equipo

O mellor Celta a domicilio da historia

RC Celta

O Celta asinou esta tempada 25/26 a mellor campaña a domicilio de toda a súa historia con 31 puntos. Cos 19 partidos fóra de casa xa disputados, o equipo celeste pecha un curso brillante lonxe de Abanca Balaídos, cun balance de 8 vitorias, 7 empates e só 4 derrotas. Unicamente Camp Nou, A Cerámica, Anoeta e Martínez Valero quedaron cos puntos do conxunto vigués.

Estes números reflicten o gran nivel mostrado polo equipo durante toda a tempada e explican, en gran parte, o logro de regresar a Europa por segundo ano consecutivo, algo que o club só conseguira unha vez antes, e de afrontar a 15ª tempada seguida en Primeira División.

Pero este éxito non se entende sen o apoio da afección, sen os miles de celtistas que acompañaron ao equipo por toda España e puideron celebrar puntos e vitorias lonxe de casa. O club está seguro de que ese alento constante foi un impulso fundamental para os xogadores durante todo o ano, polo que só ten palabras de agradecemento para todos e cada un dos celtistas desprazados.

A por outro curso en LaLiga EA Sports conquistando estadios xuntos!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas