Os xogadores do RC Celta volverán este luns á cidade deportiva da Madroa para continuar coa súa preparación de cara ao regreso de LaLiga. Tras unha semana de adestramentos individuais, cumprindo escrupulosamente todas as medidas de seguridade decretadas polas autoridades sanitarias, os futbolistas comezarán a adestrar en grupos de até 10 xogadores. O corpo técnico celeste programou varias xornadas con dobres sesións para optimizar o traballo sobre o terreo de xogo.