ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

O RC Celta e a súa afección rescatan un valioso punto no tempo de desconto (3-3)

RC Celta

Éxtase celeste en Abanca Balaídos. A afección creu, o equipo creu, o Celta creu. Nun partido que se puxo costa arriba demasiado pronto cun gol temperán de Ansu Fati, ao pouco de empezar o encontro, e que se complicou aínda máis cun 0-3 ao descanso, o equipo de Eduardo Coudet tirou de épica para rescatar un valioso punto, sempre apoiado nunha afección de dez.

O equipo saíu ao segundo tempo como un bulebule, decidido a recuperar terreo no marcador. E vaia se o conseguiu. Un Iago Aspas de menos a máis comezou a igualada no minuto 51. O acoso celeste á área rival non cesaba, pero o merecido segundo tanto parecía non chegar.

A vinte minutos para o final, Nolito lograba recortar diferenzas co 2-3 e puña en pé a todo Abanca Balaídos, que empuxou ao equipo até o minuto final. Xa no tempo de desconto, cando a derrota parecía case segura, Iago Aspas volvía aparecer para pór as táboas no marcador no último segundo do tempo de desconto.

Tarde de fútbol e celtismo inesquecible e outra actuación de Aspas que acrecenta a súa lenda.

 

FICHA TÉCNICA

3 – RC CELTA: Dituro, Hugo Mallo (Kevin, min.46), Aidoo, Murillo (Araújo, min.69), Galán, Tapia (Cervi, min.64), Solari (Beltrán, min.46), Denis Duárez, Nolito, Galhardo, Iago Aspas.

3 – FC BARCELONA: Ter Stegen, Mingueza, Eric (Balde, min.46), Lenglet, Jordi Alba, Busquets, Nico (Riqui Puig, min.59), De Jong, Gavi (Abde, min.79), Memphis, Ansu Fati (Araujo, min.46).

Goles: Ansu Fati (0-1, min.5), Busquets (0-2, min.18), Memphis (0-3, min.34), Iago Aspas (1-3, min.51), Nolito (2-3, min.73), Iago Aspas (3-3, min.95).

Árbitro: Hernández Hernández, do comité canario. Amonestou a Solari, Tapia (RC Celta), Eric, Ter Stegen, Abde, De Jong (FC Barcelona).

Campo: Abanca Balaídos (13.146 espectadores).

Observacións: antes do partido a afección celeste e o club homenaxearon a Sergio Álvarez.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas