Dura derrota para o RC Celta na reestrea do Santiago Bernabéu. Os de Coudet arrincaron con solidez e demostrando unha gran efectividade en ataque, convertendo nas súas primeiras ocasións por medio de Santi Mina e Franco Cervi para chegar ao descanso cunha vantaxe de 1-2 no marcador.
Na segunda parte o Real Madrid fixo gala do seu poderío ofensivo e anulou o gran traballo realizado polos celestes. A tripla diana de Benzema, sumada aos tantos de Vinicius Jr. e Camavinga fixeron avultado un resultado que non reflicte moitas das virtudes mostradas polo RC Celta, en especial durante o primeiro tempo.
FICHA TÉCNICA
5 – REAL MADRID: Courtois, Carvajal, Militao, Nacho, Miguel (Marcelo, min.88), Modric (Asensio, min.79), Casemiro, Valverde, Vinicius Jr. (Rodrygo, min.88), Hazard (Camavinga, min.65), Benzema.
2 – RC CELTA: Dituro, Hugo Mallo, Murillo (Aidoo, min.89), Araújo, Galán, Tapia (Beltrán, min.46), Brais Méndez (Solari, min.52), Cervi (Nolito, min.63), Denis Suárez, Iago Aspas, Santi Mina (Galhardo, min.63).
Goles: Santi Mina (0-1, min.4); Benzema (1-1, min.23); Cervi (1-2, min.31); Benzema (2-2, min.46); Vinicius Jr. (3-2, min.55); Camavinga (4-2, min.72); Benzema (5-2, min.87).
Árbitro: Melero López, do comité andaluz. Amonestou a Nacho, Vinicius Jr. (Real Madrid), Murillo, Araújo e Solari (RC Celta).
Campo: Santiago Bernabéu.