20231125_partido_VALENCIAvsRCCELTA_Equipo-4
Primeiro Equipo

O RC Celta suma un punto na súa visita a Mestalla

RC Celta

RC Celta e Valencia CF repartíronse os puntos nun importante partido en Mestalla (0-0). Este empate, coa primeira portería a cero da tempada, supón un impulso máis para o equipo galego no seu último encontro de novembro.

A xornada 14 de LALIGA EA SPORTS inaugurouse co regreso de Rafa Benítez ao campo do Valencia Cf. Unha visita, entre aplausos e homenaxes, na que o técnico apostou por unha sólida defensa e veloces ataques co obxectivo de alcanzar a súa primeira meta invicta do curso. Os seus pupilos lograrían o cometido pero, no seu intento de facerse cun botín maior, toparíanse cun contratempo: un sólido cadro che infranqueable no seu campo. Polo que, tras un período cheo de posibilidades pero escaso de precisión, o marcador foise en táboas ao descanso.

Ambos os adestradores tratarían de reverter a situación con movementos nos seus bancos á volta de vestiarios, alcanzando os dez cambios nos segundos 45 minutos. Pero ninguén deu o seu brazo para torcer. O xogo táctico estaba servido con dobre ración e, a pesar da acción máis perigosa do encontro, un potente disparo de Aspas que obrigou a estirada de Mamardashvili, a tranquilidade reinou en Mestalla deixando o marcador a ceros.

A seguinte cita do RC Celta será o próximo 04 de novembro en Abanca Balaídos, na cal se verá as caras co Cádiz CF ás 21:00h.

FICHA TÉCNICA
0 – Valencia CF: Mamardashvili; Thierry, Mosquera, Paulista, Gayà (Yarek, min.46); Fran Pérez (Guillamón, min.84), Javi Guerra, Pepelu; Sergi Canós (Amallah, min.64), Diego López (Foulquier, min.92) e Hugo Duro (Yaremchuk, min.84)
0 – RC Celta: Guaita; Kevin Vázquez (Pérez, min.67), Starfelt, Unai Núñez, Manu Sánchez; Mingueza (Williot, min.85), Beltrán, Luca, Bamb (Franco, min.67); Larsen (Douvikas, min.68) e Aspas (Dotor, min.85)
Árbitro: Soto Grado. O colexiado amonestou aos locais Amallah, Pepelu e Hugo Guillamón e aos visitantes Franco Cervi e Unai Nuñez.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 de LALIGA EA SPORTS disputado no Estadio de Mestalla ante 43.375 persoas.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas