equipo-huesc
Primeiro Equipo

O RC Celta triunfa na tolemia de Huesca (3-4)

RC Celta

O RC Celta triunfou nun partido de auténtica tolemia en Huesca (3-4). Os de Coudet conseguiron unha vitoria importantísima nun partido no que choveron os goles.

Non puido comezar de mellor maneira o partido. Case na primeira acción de perigo, o equipo celeste inventouse un contragolpe perfecto no que interviñeron de maneira maxistral Iago Aspas, Nolito e Santi Mina, que logrou bater ao porteiro local cun gran disparo cruzado.

Con todo, durou pouco a alegría xa que apenas 10 minutos despois o conxunto local igualaría o partido cun cabezazo de Siovas ante o que nada puido facer Rubén Blanco. Non se detivo aí o Huesca, que na seguinte acción púxose por diante tras aproveitar Rafa Mir un rápido. contragolpe

A primeira metade continuou cun ritmo vertixinoso, aínda que o xogo centrouse en metade de campo. Pasada a media hora Denis Suárez inventouse un pase maxistral a Brais e Nolito aproveitou o rexeite do porteiro para pór o 2-2. Xusto antes do descanso, Rubén tivo que retirarse lesionado tras un golpe de Insúa.

Arrincaron os de Coudet moi enchufados a segunda metade e o capitán Hugo Mallo cabeceou á rede un saque de esquina para pór por diante aos celestes. O equipo local non se rendeu e buscou de novo a igualada con numerosos balóns colgados á área.

O RC Celta non se rendeu nin acusou o golpe e volveuse a pór por diante no marcador cun disparo de Fran Beltrán desde a frontal da área.

 

FICHA TÉCNICA

3 – SD Huesca: Álvaro, Pulido, Siovas, Insúa (Sergio Rico, min 80), Maffeo, Galán (Juan Carlos, min 89), Seoane (Okazaki, min 89), Rico (Doumbia, min 80), Ferreiro, Escriche (Ontiveros, min 78), Rafa Mir

4 – RC Celta: Rubén Blanco (Iván Villar, min 48), Hugo Mallo, Aidoo, Murillo, Aarón, Beltrán, Denis, Brais Méndez (Araújo, min 73), Nolito (Solari, min 79), Iago Aspas, Santi Mina (Ferreyra, min 79)

Goles: 0-1 Santi Mina, min 4; 1-1 Siovas, min 13; 2-1 Mir, min 15; 2-2 Nolito, min 37; 2-3 Hugo Mallo, min 51; 3-3 Ferreiro, min 74; 3-4 Beltrán, min 77;

Árbitro: Munuera Montero (Andaluz). Amoestou a XXX (SD Huesca) e a Hugo Mallo, Ferreyra (RC Celta)

Campo: El Alcoraz

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas