Partido grande o que vai disputar este domingo o RC Celta na penúltima xornada de LaLiga. Os de Eduardo Coudet visitan ao FC Barcelona co único obxectivo de encadear a súa quinta vitoria consecutiva no campionato para presionar aos equipos que ten por encima na clasificación.
Un encontro no Nou Camp nunca resulta sinxelo, e esta ocasión tampouco será unha excepción. O equipo azulgrana apura as súas opcións de conseguir o título, aínda que ten por diante de Real Madrid e Atlético de Madrid.
O equipo celeste conta coas coñecidas baixas de Sergio Álvarez, Rubén Branco, Jeison Murillo, Jose Fontán, Renato Tapia e Emre Mor. Para este encontro, o adestrador arxentino recupera a Néstor Araujo e Ferreyra, que non puideron estar ante o Getafe por sanción.
Tras lograr a cifra de 50 puntos o pasado mércores contra o equipo madrileño, os vigueses perseguen terminar a competición o máis arriba posible e para iso serán imprescindibles o tres puntos ante o FC Barcelona.