radoja-celta-vigo-balaidos-leganes-liga-2017-2018.jpg
Primeiro Equipo

O TAC revela unha pequena fisura na décima costela esquerda de Radoja

RC Celta

Os servizos médicos do RC Celta realizaron un TAC a Nemanja Radoja co que se evidenciou a existencia dunha pequena fisura na décima costela esquerda.

O centrocampista celeste sufriu unha contusión torácica durante o partido en Leganés o pasado 14 de abril e os estudos radiológicos realizados no seu momento non revelaban lesión algunha. Con todo, a nova proba si detectou esta fisura que obrigará ao xogador a adecuar a súa actividade ás molestias que padeza.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas