Crónica_RCCelta_OlympiqueLyon2
Primeiro Equipo

O ‘Memorial Quinocho Copa Centenario’ queda en casa tras a vitoria do RC Celta ante o Olympique de Lyon (1-0)

RC Celta

Este sábado o RC Celta disputou o seu primeiro partido de pretemporada en casa, en Abanca Balaidos, para celebrar o XXVII Trofeo Memorial Quinocho, sendo esta unha edición especial pola conmemoración do Centenario do club vigués.

O encontro, que enfrontou ao RC Celta contra o Olympique de Lyon, supuxo unha doce estrea dos celestes ante a súa afección, demostrando gran talante, destreza e fortaleza ante un rival de altura como é o equipo francés.

O partido decidiuse a favor dos de Benítez por un tanto a cero obra de Carles Pérez; e a pesar de que o equipo tivo que resistir as intensas envestidas do rival ata os últimos minutos, os celestes souberon aguantar e proclamarse vencedores do encontro.

Tras esta vitoria, o equipo continuará co seu traballo de pretemporada e terá a ocasión de medirse ante un novo rival o vindeiro sábado día 5 de agosto en Alemaña contra o VfL Wolfsburgo no que será o seu cuarto encontro amigable.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas