Primeiro Equipo

Samuel, operado de maneira satisfactoria en Fátima da súa lesión de xeonllo

RC Celta

Samuel_Llorca_-_Lesion_II.jpg

El doctor Cota destacó que non hubo complicacións e reiterou que o periodo de baixa rondará os seis meses

 

O xefe dos servizos médicos do Real Club Celta, Juan José García Cota, operou esta tarde de maneira satisfactoria no Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima ao central celeste Samuel da rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito que sufriu días atrás nunha sesión preparatoria na Madroa. O xogador permanecerá de baixa ao redor de seis meses.

 

García Cota destacou que “fixémoslle unha artroscopia na que se confirmou que tiña unha rotura completa do ligamento cruzado anterior e unha moi pequeniña lesión no menisco interno, que só houbo que limalo lixeiramente, e fixémoslle un tratamento sustitutivo do ligamento cruzado por unha plastia extraída dos seus tendóns isquiotibiais”.

 

“A intervención foi ben, sen complicacións e agora esperaremos a súa evolución, pero de non haber novidades o período de baixa estará ao redor do seis meses”, concluíu.

 

O Real Club Celta quere reiterar o seu apoio a Samuel e enviarlle unha mensaxe de ánimo, así como desexarlle unha completa e pronta recuperación.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas