O RC Celta e o Inter de Miami chegaron a un acordo para a cesión do dianteiro, Tadeo Allende.
O xogador arxentino xogará ata xaneiro de 2026 na MLS tras chegar á cidade olívica a pasada tempada procedente do Godoy Cruz. En total foron 430 minutos, repartidos en 13 encontros, nos que o extremo defendeu o escudo celeste, anotando tres goles e dando unha asistencia.
Cun compromiso excepcional, non só co equipo senón tamén coas nosas raíces e a nosa tradición, o club quere desexarlle o maior dos éxitos neste novo capítulo da súa carreira deportiva.
Sorte, Tadeo!