Sin título-1-Recuperado (1)
Primeiro Equipo

Triunfo de equipo ante o RCD Espanyol (1-3)

RC Celta

Gran triunfo do RC Celta na súa visita ao RCDE Stadium de Barcelona que achega ao cadro celeste ás posicións máis próximas a Europa.

A primeira parte deviría con vantaxe celeste que comezaba cun gran gol de Gabri Veiga pasado o ecuador do primeiro tempo e máis tarde foi Iago Aspas quen aproveitaría o penalti que sufriu Carles Pérez para ampliar en dous goles a vantaxe no marcador. Un gran primeiro tempo celeste sería precedido por unha segunda parte que vería outro gol celeste, neste caso coa estrea goleadora en LaLiga de Carles Pérez. Gragera recortaba para os locais a falta de catro minutos pero sería insuficiente para que o seu equipo achegásese ao RC Celta.

O RC Celta dorme esta noite en décima posición con 34 puntos, a 2 de postos europeos. Despois do parón de seleccións, será o UD Almería o equipo que visite Abanca Balaídos pola 30º xornada.

1 – RCD Espanyol: Pacheco; Óscar Gil, Montes, Sergi Gómez (Expósito, min.72), Cabrera (Puado, min.46), Rubén Sanchez (Aleix Vidal, min.72); Vini (Gragera, min.54) , Darder; Denis Suárez (Nico Melamed, min.64), Braithwaite e Joselu.

3 – RC Celta: Iván Villar; Hugo Mallo, Aidoo, Unai Nuñez, Galán; Carles Pérez (Solari, min.88), Fran Beltrán, Gabri Veiga (Tapia, min.69), Luca da Torre (Cervi, min.69); Iago Aspas (Paciencia, min.88) e Seferovic (Strand Larsen, min.60).

Goles: 0-1, min.26: Gabri Veiga; 0-2, min.45: Iago Aspas, de penalti; 0-3, min.82: Carles Pérez; 1-3, min.86: Gragera.

Árbitro: Cuadra Fernández (comité balear). Amoestou a Darder (min.31) polo Espanyol e polo RC Celta a Javi Galán (min.61) e Strand Larsen (min.90).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas