O RC Celta empatou en Elche (1-1) nun partido no que foi claro dominador e onde non tivo excesiva fortuna coa arbitraxe.
A primeira metade non puido empezar de peor maneira. Na xogada inicial un centro do equipo local terminou en penalti tras golpear o balón nas mans dun defensor celeste. O colexiado foi ao VAR a comprobar a acción pero non observou o xogo perigoso previo do dianteiro do equipo ilicitano. Fidel anotou o lanzamento desde o once metros.
No tempo restante do primeiro tempo o RC Celta gozou de dúas claras ocasións nos pés de Brais Méndez, pero o porteiro local detivo ambas as chegadas. Co disparo que non puido foi co de Santi Mina ao bordo do descanso que puxo a igualada no marcador.
O RC Celta saíu a por todas tras o descanso e dominou o inicio da segunda metade, onde tivo unha gran ocasión por medio de Iago Aspas e outras chegadas nos pés de Nolito e Santi Mina. Co paso dos minutos o equipo de Óscar García acumulou máis ocasións. No tramo final Brais Méndez recibiu unha cotenada na cara que lle provocou unha brecha e que se saldou con amarela a Iago Aspas por suxerirlle ao árbitro que fose algo equitativo.
FICHA TÉCNICA
1 – Elche: Badia; Josan, Barragán, Verdú, Diego (Josema, min 59), Fidel (Miño, min 39); Mfulu (Guti, min 59), Marcone; Tete Morente, Pere Milla (Rigoni, min 59) (Nino, min 75); Boyé
1 – RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Aidoo, Murillo, Olaza, Tapia (Beltrán, min 65), Denis Suárez, Brais Méndez (Gabri, min 84), Santi Mina (Miguel, min 76), Nolito, Aspas
Goles: 1-0 Fidel, min 3; 1-1 Mina, min 41
Árbitro: De Burgos (Vasco). Amoestou a Diego, Boyé (Elche) e a Denis, Olaza, Miguel (RC Celta)
Campo: Martínez Valero