O RC Celta empatou ante o Levante (1-1) a domicilio nun encontro no que foi superior e no que Sergio Carreira anotou o seu primeiro gol en Primeira División.
Na primeira metade destacou o xogo no centro do campo. Ningún equipo logrou facerse coa posesión de balón e apenas houbo ocasións. A chegada máis perigosa protagonizárona Nolito e Aspas, pero o disparo do capitán celeste marchouse desviado.
A segunda parte comezou cun gol de Roger desde o punto de penalti na primeira xogada tras o descanso. O tanto espoleó aos xogadores celestes, que tiveron o empate nos pés de Aspas pero que o conseguiron grazas ao canteirán Sergio Carreira tras unha boa xogada de Denis Suárez.
FICHA TÉCNICA
– LEVANTE: Aitor; Miramón, Duarte (Vezo, min 73), Postigo, Toño (Clerc, min 84); Rochina (De Frutos, min 83), Malsa, Campaña, Melero (Bardhi, min 60); Roger, Morales (Dani, min 60).
– RC CELTA: Iván Villar; Carreira (Beltrán, min 85), Araujo, Fontán, Murillo, Olaza; Tapia, Denis Suárez, Nolito (Veiga, min 60); Santi Mina (Brais, min 85), Iago Aspas.
Goles: 1-0 Roger, min 47; 1-1 Carreira, min 52.
Árbitro: Mario Melero López (Andalucía). Amoestou a Duarte, Toño (Levante) e a Murillo (RC Celta).
Campo: La Cerámica.