O RC Celta perdeu este sábado ante o Atlético de Madrid (0-2) nun partido no que os branquivermellos marcaron nas únicas chegadas que tiveron. Os xogadores celestes crearon numerosas ocasións que non puideron transformar.
O partido arrincou cun temperán gol de Luís Suárez. Os futbolistas de Óscar García sobrepuxéronse ao golpe inicial e asinaron unha gran primeira metade na que só faltou o gol. Carreira, Mina e Fontán atopáronse co pau ou Oblak en diferentes ocasións.
A segunda metade o partido tivo numerosos paróns polas faltas do equipo visitante. Con todo, o RC Celta seguiu creando ocasións claras e só a mala sorte impediu o empate. Xa no tempo de desconto, o Atlético puxo o 0-2 definitivo.
FICHA TÉCNICA
0 – RC Celta: Iván Villar, Carreira (Veiga, min 84), Araujo, Murillo, Fontán, Olaza (Miguel, min 86), Tapia, Beltrán (Denis, min 63), Baeza, Mina(Emre, min 63), Aspas.
2 – Atlético: Oblak, Trippier, Savic, Hermoso, Sánchez (Felipe, min 50), Koke, Torreira, Correa (Herrera, min 77), Lemar (Carrasco, min 65), Suárez (Llorente, min 65), Costa (Félix, min 50).
Goles: 0-1 Suárez, min 6; 0-2 Carrasco, min 90.
Árbitro: Martínez Munuera (Benidorm). Amoestou a Nolito, Aspas y Beltrán (RC Celta) y a Hermoso, Costa, Felipe, Herrera (Atlético).
Campo: Abanca Balaídos.