puc-foz-0322-jpg
Primeiro Equipo

Un rochoso RC Celta consegue un valioso punto en Valladolid (1-1)

RC Celta

O RC Celta empatou en Valladolid (1-1) nun partido no que Iago Aspas situouse xunto a Hermidita como máximo goleador do club en Primeira División. Os de Óscar García acumulan tres encontros sen perder e sitúanse nos postos altos da clasificación.

A primeira metade destacou pola igualdade e o xogo vertical de ambos equipos. A primeira gran ocasión tívoa Denis Suárez, que enviou o balón por encima do traveseiro. Poucos minutos despois foi Iván Villar o que realizou unha gran parada para evitar o gol do conxunto local. Con todo, na última xogada do primeiro tempo Iago Aspas puxo o primeiro gol no marcador tras unha sensacional xogada persoal.

Tras o descanso o Valladolid fíxose co control do balón. Aos 20 minutos de continuación o colexiado sinalou un discutido penalti no que non se aprecia contacto algún e Gaurdiola puxo o empate no marcador.

FICHA TÉCNICA

1 – Real Valladolid: Roberto; Luis Pérez, Bruno, Javi Sánchez, Nacho; San Emeterio, Kike Pérez; Raúl Carnero (Hervías, min 57), Orellana (André, min 57), Toni Villa (Plano, min 72); Sergi Guardiola

1 – RC Celta: Iván Villar; Hugo Mallo, Aidoo, Murillo, Olaza; Tapia (Okay, min 80), Fran Beltrán (Araujo, min 80), Denis Suárez (Brais, min 59); Emre Mor (Baeza, min 59), Iago Aspas, Nolito (Santi Mina, min 71)

Goles: 0-1 Aspas, min 45; 1-1 Guardiola, min 65;

Árbitro: José María Sánchez Martínez (Murcia). Amoestou a Guardiola, Bruno, Javi (Valladolid) e a Emre Mor, Beltrán, Hugo Mallo (RC Celta)

Campo: Zorrilla

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas