Primeiro Equipo

Unha polémica expulsión frea a melloría do Celta en Sevilla (2-1)

RC Celta

Bo arranque do Celta en Sevilla, cunha presión adiantada e moita posesión en busca de espazos arriba. Aos 13 minutos, boa deixada de Maxi para Sisto e remate do celeste en excelente posición que despexa de xeito prodixioso o meta local. Pouco despois, Cabral rematou ao longueiro tras un saque de falta.

Co partido igualado e moi disputado, aos 39 minutos Sarabia cabeceou á rede un centro desde a dereita tras un contragolpe. Non había apenas ocasións, pero o Sevilla acertou na que tivo. O cadro vigués empuxou ata o descanso, pero non logrou superar o entramado defensivo local.

Trala reanudación, con Dennis por Sisto, o Celta envorcouse en ataque e o Sevilla tratou de frear o xogo, esperar e contragolpear. O choque embarullouse por decisión do cadro local, pero o árbitro, expulsou a Araujo con dobre amarela en dous minutos. Erro moi grave do colegiado ao non sinalar a falta previa sobre o mexicano e cambiar de súpeto o seu listón.

Para acabar de redondear a desgraza, o Var deu un gol de Ben Yedder que parecía fóra de xogo. O partido acabara xa uns minutos antes. O Celta intentouno ata o final e a falta de cinco minutos Boufal marcou un golazo tremendo.

FICHA TÉCNICA

2-Sevilla CF: Vaclik; Carriço, Kjaer, Sergi Gómez; Navas, Sarabia, Banega (Mesa, min.90), Mudo Vázquez, Arana; Ben Yedder (Promes, min.79), André Silva.

1-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Cabral, Araujo, Juncà (Júnior, min.83), Beltrán, Lobotka, Iago Aspas (Boufal, min.70), Maxi Gómez, Sisto (Dennis, min.46).

Goles: 1-0, min.39: Sarabia; 2-0, min-62: Ben Yedder; 2-1, min.85: Boufal.

Árbitro: González Fuertes, do comité asturiano. Expulsou a Araujo Con dobre amarela (min.59) e amonestou a Banega, Carriço, Arana, Roncaglia.

Campo: Sánchez Pizjuán, 38.060 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas