Os xogadores do RC Celta, Tasos Douvikas e Luca de la Torre, estarán mañá xoves, 7 de novembro, entre as 18h e as 19h asinando autógrafos na Tenda Orange situada na Rúa Príncipe 46 (Vigo).
Os afeccionados que acudan á cita cos celestes poderán entrar no sorteo dalgúns agasallos de Laliga e dunha entrada dobre para o partido do próximo 23 de novembro entre o RC Celta e o FC Barcelona.
Non cho podes perder!