celta granada 291120
Primeiro Equipo

Vitoria de intensidade e fútbol ante o Granada (3-1)

RC Celta

O RC Celta conseguiu tres puntos importantísimos ante a Granada (3-1) nun encontro no que foi claro dominador do xogo e acumulou unha ducia de ocasións de claras.

O equipo de Eduardo Coudet saíu a por todas desde o asubío inicial e sumou varias chegadas de perigo nos primeiros vinte minutos. Con todo, foron os visitantes os que se adiantaron no marcador por medio de Luís Suárez. Nolito, tras unha gran xogada entre Aspas e Olaza puxo a igualada acto seguido.

No segundo tempo o dominio celeste foi absoluto e Miguel Baeza e Fran Beltrán aproveitaron senllas chegadas para pór o 3-1 definitivo no marcador no debut de Eduardo Coudet como adestrador do RC Celta en Abanca Balaídos.

 

FICHA TÉCNICA

3 – RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Araújo, Murillo, Olaza, Tapia, Denis Suárez (Okay, min 74), Brais Méndez (Aidoo, min 91), Nolito (Baeza, min 74), Aspas, Santi Mina (Beltrán, min 82)

1 – Granada CF: Rui Silva, Foulquier (Quini, in 76), Germán, Duarte, Neva, Vallejo (Soro, min 82), Herrera (Gonalons, min 64), Milla, Luis Suárez (Soldado, min 64), Machís, Molina (Puertas, min 46)

Goles: 0-1 Suárez, min 25, 1-1 Nolito, min 27; 2-1 Baeza, min 81; 3-1 Beltrán, min 85

Árbitro: Isidro Díaz de Mera Escuderos. Amoestou a Murillo, Tapia, Olaza, Hugo Mallo, Okay (vermella) (RC Celta) e a Foulquier, Puertas, Soldado (Granada)

Campo: Abanca Balaídos

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas