David Costas, Santi Mina e Rubén Blanco, regresan ao combinado nacional
O seleccionador nacional Sub-19 convocou aos canteiráns celestes David Costas, Santi Mina e Rubén Blanco para a última concentración antes de participar en Rólda Elite de Vigo, clasificatoria para o Europeo e cuxo anfitrión será o Real Club Celta.
Con tres xogadores, o club vigués é o segundo que máis xogadores achega á lista, unha confirmación do gran estado de forma da canteira céltica e que se suma a outros recoñecementos cultivados ao longo da tempada. Os éxitos do proxecto de fútbol base do Celta o son tamén da Fundación Celta, principal sostén das categorías inferiores, e da afección, ilusionada e identificada coa filosofía de canteira da entidade.
David Costas, Santi Mina e Rubén Blanco concentraranse co combinado nacional na Cidade Deportiva de Las Rozas entre os días 19 e 21 de maio.
ATHLETIC CLUB | Alejandro Remiro Gargallo |
ATHLETIC CLUB | Unai López Cabrera |
CLUB ATLÉTICO DE MADRID SAD | Iván Alejo Peralta |
UD ALMERIA SAD | Antonio Marín Molina |
ARSENAL FC | Héctor Bellerín Moruno |
FC BARCELONA | Alejandro Grimaldo García |
FC BARCELONA | Adama Traore Diarra |
FC BARCELONA | Munir El Haddadi Mohamed |
FC BARCELONA | Sandro Ramirez Castillo |
FC BARCELONA | Sergi Samper Montaña |
REAL CLUB CELTA DE VIGO SAD | Rubén Blanco Veiga |
REAL CLUB CELTA DE VIGO SAD | David Costas Cordal |
REAL CLUB CELTA DE VIGO SAD | Santiago Mina Lorenzo |
RCD ESPANYOL DE BARCELONA SAD | Rubén Duarte Sánchez |
REAL MADRID CF | José León Bernal |
REAL MADRID CF | Marcos Llorente Moreno |
RCD MALLORCA SAD | Marco Asensio Willensem |
SEVILLA FC SAD | Carlos Fernández Luna |
SEVILLA FC SAD | Juan Muñoz Muñoz |
REAL SPORTING DE GIJON SAD | Jorge Mere Pérez |
REAL SPORTING DE GIJON SAD | Alvaro Bustos Sandoval |
VALENCIA CF SAD | José Luis Gayá Peña |
VILLARREAL CF SAD | Javier Ramírez Romero |
VILLARREAL CF SAD | Matías Nahuel Leiva Esquivel |