imagen destacada escuela de porteros Sergio Álvarez
Escolas

A escola de porteiros Fundación Celta – Sergio Álvarez é xa unha realidade

RC Celta

 

O noso gran porteiro SERGIO ÁLVAREZ continua presente entre nós apoiando ás novas promesas da portería que tantos anos defendeu coas cores celestes e con enorme éxito. Un gran porteiro, unha excelente persoa e cento por cento celtista. Este curso 2021-2022 estará moi preto de todos os porteiros que participen na nosa Escola de Porteiros da Fundación Celta que desde este ano levará o seu nome. Periodicamente asistirá aos adestramentos da Escola para achegar os seus amplos coñecementos sobre a posición de porteiro  e irá vendo e comentando cos nenos/ as a evolución durante o curso.

 

Como punto de partida o propio Sergio regalará a cada inscrito un par de luvas asinadas que xa poderán utilizar para os adestramentos na Escola e ademais será un excepcional recordo do noso gran porteiro.

 

A Escola poñerase en marcha o luns 20 de setembro, levará a cabo os luns e/ou martes en horario de 17:30 a 18:30h nas Instalacións da Cidade Deportiva da Madroa: poderase asistir 1 ou 2 días. Para nenos/ as nados entre 2015 e 2007, ambos os incluídos.

 

Ademais cada 2 meses a un porteiro da Escola de Sergio Álvarez darémoslle o premio de realizar un adestro cos porteiros e adestradores da Canteira do RC Celta.

 

Non deixes pasar esta oportunidade de adestrar na nosa Escola de Porteiros baixo o asesoramento do ‘Gato de Catoira’, SERGIO ÁLVAREZ.

 

INSCRÍBECHE AQUÍ

RC Celta

Etiquetas

Escolas Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas