PROMO APPARKAR 22_23
Fundación

Aparcar no día de partido

RC Celta


Sabemos que aparcar en Abanca Balaídos é un problema e desde o club estamos traballando para que iso no sexa impedimento para asistir ao estadio e animar aos nosos. Así, desde este sábado os afeccionados celestes poden aparcar no parking de Praza de América, apenas a dez minutos a pé do estadio, cun incentivo moi especial. E é que se o RC Celta gaña o partido o aparcamento será de balde.

Isto é posible grazas ao acordo que a Fundación Celta vén de asinar con Welgood. Os afeccionados que queiran beneficiarse desta vantaxe deben descargar e rexistrarse na app Apparkar*, dispoñible para iOS e Android e seleccionar a opción “Promo RC Celta”. A promoción aplícase se aparcas antes do comezo do partido e podes recoller o coche ata ás 23.59 do mesmo día. A tarifa é 0,034€ por minuto, pero lembra que se o RC Celta gaña o partido o aparcamento é de balde*.

*Promoción ofrecida por Welgood Solutions SL.. Necesario incluír no rexistro os datos de facturación, medio de pago e datos do vehículo, coa opción de “pago directo” activada que permite entrar e saír coa lectura da matrícula.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas