20211114_Partido_RacingFerrol_CeltaB_2_1x1
Celta b

Venres gris para o Celta B en A Malata (5-0)

RC Celta

Dura derrota do Celta B na súa visita á cancha do Racing de Ferrol no partido correspondente á décimo terceira xornada de Liga no Grupo I de Primeira RFEF Footters disputado en A Malata. Un partido no que, despois duns minutos iniciais de tenteo, o Racing de Ferrol adiantouse no marcador cun gol de David Castro á saída dun saque de esquina. Sen tempo para a reacción, Joselu ampliaba diferenzas no marcador dende o punto de penalti antes de cumprirse o ecuador do primeiro tempo.

Tras lamentar a lesión de Fabrício, o filial celeste experimentou unha melloría que puido ser confirmada cunha gran ocasión de Miguel Rodríguez, que recibiu escorado, trazou a diagonal e obrigou a Gazzaniga a realizar unha gran estirada para evitar o gol do internacional sub-19 celeste. Con todo, o Racing de Ferrol freaba o auxe dos visitantes cun gol ao contragolpe preto do final do primeiro tempo.

O Celta B saía con ánimos renovados tras o descanso, pero novamente volvía golpear o conxunto departamental cun gol do exdelantero celeste David Rodríguez aos dez minutos da continuación. Tras este gol, os de Onésimo tiveron tímidos achegamentos que non se verían recompensados co premio do gol ante un cadro local que puido manter a súa vantaxe. No tramo final do choque chegaría a sentenza dos de Cristóbal Parralo cun tanto de Nathan.

Despois desta derrota, o segundo equipo céltico dorme en novena posición con dezaoito puntos no seu haber. O Celta B medirase na décimo cuarta xornada de Liga ao Extremadura UD o vindeiro domingo 28 de novembro ás 12:00 en Barreiro.

FICHA TÉCNICA

5 – RACING CLUB FERROL: Gazzaniga; M. Loureiro, Y. Quintana, David Castro (Fornos, min. 59), Candelas; Dani Nieto (Juan Viacava, min. 70), F. Manzanara (Álex López, min. 64), Kevin Presa, Iñigo Alayeto; Joselu (Luis Chacón, min. 59), David Rodríguez (Nathan, min. 64).

0 – RC CELTA B: Gaizka Campos; Javi Castro, Álex Martín, Carlos Domínguez (Carrique, min. 46), Diego Pampín; Carlos Beitia (Gabri Veiga, min. 31), Carbonell, Holsgrove; Iker Losada, Fabrício (Miguel Rodríguez, min. 31), Alfon (Cedric, min. 46).

Goles: David Castro (1-0, min. 10); Joselu, p. (2-0, min. 23); Iñigo Alayeto (3-0, min. 43); David Rodríguez (4-0, min. 55); Nathan (5-0, min. 86).

Árbitro: Alemán Pérez, del colegio canario. Amonestó a Álex Martín y Miguel Rodríguez, del RC Celta B, y a David Castro y Joselu, del Racing de Ferrol.

Campo: A Malata.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas